Avellaneda…

…foi a Tregua que Benedetti regalou a Santomé. E nós empeñados en desaproveitalas…

A aveleira do Veiguello

Xusto no medio do Inverno
canta o seu futuro certo
o florecer dun salgueiro.
Nós dispostos a engañarnos
comparando un tempo alleo.

Uxío Novoneyra, Poemas da doada certeza

Acerca de Ambrosio Berza

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns.

A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, “o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista”. Camiña polo mundo e conta o que ve: con sentimento e sen pretensións.

Nómada psicolóxico pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.