Zoya e Lev

Igual a vida é unha eterna capicúa.

Hoxe deixei unha nota de despedida, rompín un coche, comprei un libro, traguei un cachiño de sol, lin un conto, recibín unha nota de benvida, nun cruce salvei a vida por un sorriso, fun esclavo, fun libre.

Deixou Lev a Zoya porque non soportaba o seu resplandor, ou porque este o facía miserable a el? Luz, sempre luz, Maese Goethe.

Despedirse tamén é botar fóra un medo, abrir unha fiestra, reencontrarse con un. Dicir si a ser libre, mesmo libre de marchar.

Acerca de Ambrosio Berza

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns. A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, "o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista". Camiña polo mundo e conta o que ve: con sentimento e sen pretensións. Nómada psicolóxico pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.