Combates cotiáns: tantas pequenas cousas

Debuxa Manu Larcenet con maestría os matices máis sutís dos pequenos combates cotiáns. A vida transcorre entre eles,  e atopo que hai dúas formas de enfrentalos: coma contra xigantes (e perder) ou coma contra muíños (e ir tirando, ou quen sabe: gañar). Porque gañar é non sucumbir e saber vir vindo, valorando aquelo que paga a pena. Por se acaso o muíño se axiganta un día e nos aplasta.

Quero parar hoxe e susurrar que estou contenta de terte atopado e de, canto menos neste tempo, terlle dado tregua aos combates.

Acerca de Ambrosio Berza

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns. A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, "o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista". Camiña polo mundo e conta o que ve: con sentimento e sen pretensións. Nómada psicolóxico pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.