Arquivos mensuais: Novembro 2010

A actitude

Publicado en Sen clasificar | 1 comentario

Contos de Portocubelo: Talelo

Portocubelo non existe sempre, xa o sabedes, pero certas noites, cando o mar aturuxa ou das Excabaleiras se envorca a borraxeira, a pequena vila coas súas rúas, o patín e a vella fonte de pedra, (que hoxendía sospeito alimenta as ameixas cada verán agochan baixo as saias das turistas), tódalas casas e os pendellos con redes e nasas, as lareiras de contra a esquina, os poios arrimados ao cómaro e o cheiro a graxa de sardiña, volven reloucantes coma se nunca unha urbanización de apartamentos baleiros as engulira no esquecemento. Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado | Comentarios desactivados en Contos de Portocubelo: Talelo

Roma, ou o amor ó revés

Non puiden baixar a tempo a mirada para evitar ver a pregunta dela – quéresme, aínda? Con certeza implacable, adiviñei a resposta do seu vello amor, o meu novo amor – quérote toda Sentín que choraba antes de deixar de … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | 2 Comentarios