Roma, ou o amor ó revés

Non puiden baixar a tempo a mirada para evitar ver a pregunta dela

– quéresme, aínda?

Con certeza implacable, adiviñei a resposta do seu vello amor, o meu novo amor

– quérote toda

Sentín que choraba antes de deixar de oír.

Acerca de Ambrosio Berza

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns.

A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, “o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista”. Camiña polo mundo e conta o que ve: con sentimento e sen pretensións.

Nómada psicolóxico pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Roma, ou o amor ó revés

  1. Magdalena di:

    Triste cando remata un amor, é máis triste cando remata sen rematar… Moi lindo!

  2. Ambrosio Berza di:

    Máis triste para o que entra, que se lle mete aire frío por esa porta…

Os comentarios están pechados.