Diario dunha Semana Santa no País dos Presidentes Católicos

Domingo de Ramos

Tras dunha tortuosa Cuaresma e da amargura sen Paixón da última Semana, refúxiome no meu amado Xetsemaní. Séculos despois de que os Reis Católicos mandaran desenterrar os nosos olivos, deléitome na xustiza poética de arrincar os eucaliptos que planta a Sinrazón. Bendecida por este acto, unha ramiña de loureiro vai parar ó nicho de Ramona do Capador. Por amor daqueles días.

Xoves Santo

As procesións na Mariña de Lugo están sendo masivas, pois o prezo dos pisos na costa baixou ata os 37000€ e o Real Madrid gañou a Copa do Rey. O monarca tivo dificultades para chegar a esta celebración do Amor Fraterno, pois o seu navío topou con milleiros de subsaharianos que estaban sendo envorcados ó Mare Nostrum.

Un amigo envía por whatsapp a foto dunhas misteriosas moedas antigas. Agardo que a orde de desafiuzamento non lle fixese traizoar a súa melancolía.

Baixo a lúa, apenas Pan e Viño e lavármonos os pés na auga do río. Non te quero, non te quero, non te quero.

Venres Santo

Moitos anos despois, fronte ó pelotón de fusilamento, Tomasz Siemoniak ha de lembrar esta tarde remota en que non hai xeo e un Home Bo morreu nunha aldea de vinte casas de barro e cañabrava construída á beira dun río de augas diáfanas que se precipitan por un leito de pedras puídas, brancas e enormes, coma ovos prehistóricos.

Hoxe, o Ministro de Defensa Polaco é cómplice da crucifixión de terroristas no Gólgota Ucraniano mentres a ONU se lava as mans.

Domingo de Resurrección

Os cofrades reintegran as imaxes ás Hermandades e as devotas gardan a alma ata a vindeira procesión. Entregamos os flaxelos ós que no Vía Crucis de cada día nos fan pagar penitencia. Eu volvo ó hucho dos libros o manual das Frechas de Tiángeles. Ignoro se o logrou aprender ós 11 anos ou, como di no prefacio, lle foi de máis utilidade na súa vida adulta, convertíndoa na activista que nunca sería de ter estudado nun centro laico e igualitario.

Pasaron desde a súa edición 60 Semanas Santas e fágome a gatopárdica pregunta de se todo cambiou para que todo siga sendo tan condenadamente igual.

¿Por qué fracasó la República?

Porque en vez de hacer crítica constructiva se dedicó únicamente a herir sentimientos.

¿Por qué más?
Porque hizo escarnio de la Religión, y eso a los españoles les llega al alma.
¿Cómo era la situación de España al nacer el Nacionalsindicalismo?
La de una nación en descomposición histórica, a causa del liberalismo y la democracia.
¿Qué son liberalismo y la democracia?
Los sistemas políticos que están deshaciendo al mundo. (…) Ni las derechas ni las izquierdas eran capaces con sus procedimientos de evitar el derrumbamiento de España (…) la Falange arrastraría tras de si a toda la juventud al prometerle nobles empresas en que emplear su vida.
¿Qué es España?
Una entidad histórica con fines propios que cumplir en el mundo.
¿Y cuál es el destino de España?
Incorporar a todos los hombres a una empresa universal de salvación.
¿Quiénes son los que sienten el amor a la Patria de una manera física y sensitiva?
Los nacionalistas, pues para ellos la Patria es solamente el trozo de tierra en el que viven, y no la misión que esa misma Patria tenga que cumplir en el mundo.
¿Pues cómo se produjo el hecho de la División Azul?
En ocasión en que Alemania luchaba contra Rusia y pidió voluntarios para combatir al comunismo.
¿Y estando Rusia tan lejos le importaba a España lo que pudiera pensar?
Si; porque sus doctrinas son un peligro para la civilización, y España, como en tiempos de Carlos I, sabe que su destino está en defender al mundo de herejías y aberraciones.
¿Cabe también en las mujeres la entrega hasta llegar al heroísmo?
También, aunque para las mujeres el heroísmo consiste más en hacer bien todos los días lo que tengan que hacer que en morir heroicamente: por su temperamento, soportan mejor la abnegación de todos los días que el hecho extraordinario.

¿Quién usó antes que la Falange el Yugo y las Flechas?
Los Reyes Católicos.
¿Qué simbología puede tener?
Unir a todos los reinos de España en un solo haz por una sola atadura.

Acerca de Ambrosio Berza

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns.

A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, “o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista”. Camiña polo mundo e conta o que ve: con sentimento e sen pretensións.

Nómada psicolóxico pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Diario dunha Semana Santa no País dos Presidentes Católicos

  1. Angel di:

    Querid@ Ambrosio,
    aparte de abraiarme coa túa memoria de anteriores reencarnacións, tendo en conta que apenas consigo recordar a marca da beer de antonte, …
    desta lectura saco principalmente dúas conclusións.
    1.- Deberíase proceder a unha progresiva clausura dos centros públicos de ensino, por retrógrados e antirrevolucionarios, xa que os centros laicos e igualitarios non producen activistas. (tremos só de pensar o que pode facer Wert cun argumento coma este)
    2.- Estou a considerar que estraguei a miña Pascoa con cuestións moito máis prosaicas, terei que facer propósito de enmenda (e quizais deixalo en propósito?)
    http://asminhascousas.wordpress.com/2014/04/20/coimbra/

    Unha aperta.
    Joao dos Navicoles.

Os comentarios están pechados.