Consuelo en Luzes

En agosto fíxenlle un regalo a unha amiga-irmá que me trouxo moita paz e ganas de empezar a garabatear cousas.

Tratábase dun libriño de historietas sobre a súa avoa, Consuelo, unha das persoas máis especiais que eu coñecín e dos poucos exemplares de muller galega auténtica que quedan.

As historias recopilámolas entre os amigos da neta de Consuelo, e o libriño maquetouno Raquel. Quedou unha cousa moi chuliña e como digo, para min marcou un antes e un despois.

Hoxe chegoume unha nova anécdota desa gran muller, e aquí queda testimonio. Gracias, Consuelo!

consuelo en luzes

Acerca de Ambrosio Berza

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns. A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, "o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista". Camiña polo mundo e conta o que ve: con sentimento e sen pretensións. Nómada psicolóxico pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.