Aldea Galega

Saiu de Conxo á procura dun avó que non daba sinal, e tivo que agachar a súa identidade de neto bastardo ante a nova familia. Repuxo o orgullo construíndo (n)un país novo e exiliando no seu matrimonio a liberdade dunha fermosa intelectual porteña.

Decidiu que viviría como calquera compostelán, a golpe dunha hora en tren da praia: incluso a costa de ter que construíla el mesmo nunha ribeira turbia. Iso si, nun afluínte das grandes cataratas, augas dignas de quen teimou en crear a súa propia Aldea Galega alén dos mares.

IMG_20150113_001101~01

Acerca de Ambrosio Berza

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns. A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, "o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista". Camiña polo mundo e conta o que ve: con sentimento e sen pretensións. Nómada psicolóxico pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.
Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.