As do Novo e o Camín das Aventuras

Como trinta anos atrás, ergueu a vara e intentou zorregarme. Eu tremaba de medo vello e satisfacción. “Luisa: xa non son aquela. Non podes botarme do camín”. Xa ninguén pode facelo. A aventura é permanente.

Acerca de Ambrosia

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns. A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, "o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista". Camiña polo mundo e conta o que ve, con verbas e debuxos. Nómada pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.
Esta entrada foi publicada en Pendellada, Pentel. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *