Sara e Rosa, as arxentinas

Rosa ten 92 anos e non esquence a cor das flores do vestido de miña avoa cando foron a aquela feira á Veiga. Sara repróballe en silencio que me conte as impudicias daquel flirteo.

Son doutra época, doutro país xa. E sen embargo, son totalmente daquí. Son as que quedan.

Acerca de Ambrosia

Enésima reencarnación de Bitter Bierce, aquel gringo vello que quixo morrer nunha revolución; do capitán pirata Bellamy na procura da Illa Tartaruga; do prófugo camiñante Thoreau; da fotógrafa Tina Modotti seducindo a Frida e a Diego; do Castelao que predica as espigas e debuxa os espigóns. A.B. fai súas as palabras de Coomaraswamy, "o artista non é un tipo de persoa especial, senón que cada persoa é un tipo especial de artista". Camiña polo mundo e conta o que ve, con verbas e debuxos. Nómada pero amante da súa terra, non pode afastarse moito do seu pendello virtual: así chama á zona temporalmente autónoma na que garda as súas miraxes.
Esta entrada foi publicada en Acuarela, Xente. Garda a ligazón permanente.