Arquivo da categoría: Pendellada

Palla mental con debuxiño

Hai inverno en Sevilla

Así que dez minutos apenas.. E logo a unha abacería: rebujito, morcilla de fígado, pan con salmorejo e chicharróns de Caí 🙂

Publicado en Pendellada, Pentel-unipin | Deixa un comentario

Volta ás aulas

Publicado en Boli bic, Pendellada | Deixa un comentario

Sevilla no mes do xazmín

Ule a promesas prescas. Como cada vez desde aquel 1993.

Publicado en Acuarela, Lugares, Pendellada | Deixa un comentario

As do Novo e o Camín das Aventuras

Como trinta anos atrás, ergueu a vara e intentou zorregarme. Eu tremaba de medo vello e satisfacción. “Luisa: xa non son aquela. Non podes botarme do camín”. Xa ninguén pode facelo. A aventura é permanente.

Publicado en Pendellada, Pentel | Deixa un comentario

As abellas e o froito

O vello José Ramón aprendeulle a enxertar e a disfrutar do mellor froito. O novo José Ramón, como as abellas ás que anos máis tarde esmelgaría, subía ó diospereiro, á mazaeira, ó pexegueiro, á cerdeira… e libaba o coñecemento do … Sigue lendo

Publicado en Acuarela, Pendellada | Deixa un comentario

O cabozo do Veiguello

Baixo algunha destas pedras meu bisavó gardaba unha escopeta que podía significarlle fusilamento directo na Ponte Pedrido. Como a tantos outros. Veciños, amigos e inimigos. Nunca admitiu comulgar coa esquerda, e sen embargo, moitos anos despois, soubemos que cando saía … Sigue lendo

Publicado en Acuarela, Lugares, Pendellada | Deixa un comentario

Roma

Case nun suspiro, coa mirada regalada, dixo: “pensar que estou diante do que vin na enciclopedia da escola… que unha nena pobre de Miraz chegou a estar onde peleaban os gladiadores das películas que víamos na taberna…!” Era a terceira … Sigue lendo

Publicado en Lugares, Pendellada, Pentel | Deixa un comentario

Consuelo en Luzes

En agosto fíxenlle un regalo a unha amiga-irmá que me trouxo moita paz e ganas de empezar a garabatear cousas. Tratábase dun libriño de historietas sobre a súa avoa, Consuelo, unha das persoas máis especiais que eu coñecín e dos … Sigue lendo

Publicado en Pendellada | Comentarios desactivados en Consuelo en Luzes

Que faría Kurt Cobain no meu lugar?

A priori, penso que a nova perruquería me vai gustar: as rapazas teñen un pelo bonito, brillante e non demasiado colorido. Falan galego. Non atisbo Holas nin DiezMinutos nos revisteiros, os espellos teñen un discreto marco LED que che fai sentirte coma … Sigue lendo

Publicado en Pendellada | 1 comentario

Da Esmorga

INT. DÍA. PALLEIRA O Pega repite para si o texto: “Comei e bebei o que queirais, pero da que escampe marchai de contado, non quero que vos vexan por aquí”. Está nervioso porque vai darlle unha azouta a Milhomes nas … Sigue lendo

Publicado en Acuarela, Pendellada, Xente | Comentarios desactivados en Da Esmorga